sábado, 12 de maio de 2018

Eucaliptos e carballos

Onte acudín a unha conferencia sobre eucaliptais, fragas e biodiversidade ó cargo do doutor en bioloxía Santiago Bas. Él e o doutor J. Guitián fixeron un estudo comparativo da biodiversidade de plantas e aves en catro eucaliptais e catro carballeiras, ó longo das catro estacións do ano. A conferencia, ademáis de amena, foi moi instructiva e aprendín unha chea de cousas que non sabía. Aquí vos deixo algunhas delas que recollín no meu caderno de notas.

O número de especies de aves observadas nos eucaliptais na estación de maior abundancia, e só a metade das especies nas carballeiras no seu intre máis baixo. O número máximo de exemplares nos eucaliptais é só a cuarta parte que o mínimo nas carballeiras.

Non tomei nota dos datos, pero tamén hai unha diferencia moi significativa no número de especies vexetais, así como na cobertura forestal, especialmente por riba dos tres metros que é precisamente onde se atopan moitas especies de paxaros.

Varios estudos científicos confirman que os cauces de auga perden obxectivamente caudal ó atravesar os eucaliptais, o que confirma a crenza popular.

Os eucaliptos producen ácido prúsico (ácido cianhídrico), moi tóxico. Esa toxicidade é a razón pola que non hai especies que se alimenten dél, salvo o koala. Este ácido que se desprende dos eucaliptos, xunto coa diferente descomposición das súas folla con respecto ás autótoctonas, causa un empobrecemento e perda de fertilidade do chan baixo eles.

Un piñeiro tarda máis do dobre en crecer en Finlandia que en Galicia. A pesares diso, a explotación dos piñeiros é moi rendibe e unha das grandes fontes de riqueza en Finlandia, pero non aquí. Ó parecer, en Francia hais sistemas de financiación para que os madereiros comecen a obter beneficio sin ter que esperar a que as árbores cheguen á súa madurez, que aquí non existen. Na actualidade estamos a importar madeira de calidade destes países, que pagamos a prezos seis ou sete veces maiores que os da madeira de baixa calidade que producimos nós.

Os carballos e outras árbores do xénero quercus son moito máis resistentes ó lume que os eucaliptos e piñeiros. De feito, é moi difícil que un incendio destrúa unha carballeira. Pola contra, o eucalipto se rexenera máis doadamente nos terreos queimados.

Eses son algúns dos datos que recollín no meu caderno durante a conferencia, entre outros sobre aspectos legais e propostas de regulación e ordenación forestal que xurdiron na rolda de preguntas e que omito. Penso que con isto abonda, e remato cunha pregunta que nunca me plantexara e que tamén xurdiu na conferencia. Supoñamos que mañá as empresas que explotan os eucaliptais se trasladan a outro sitio onde sexa máis barato, e todos sabemos que esas cousas ocorren. ¿Qué carallo imos facer entón con todos eses eucaliptos?