domingo, 19 de xaneiro de 2020

La educación de los hijos

Se ha generado estos días cierta polémica por el deseo de un sector de la sociedad de imponer lo que llaman "PIN Parental", que no es otra cosa que otorgar a los padres el derecho a impedir que sus hijos reciban cierta educación en materia moral o sexual.  Se acogen para ello al artículo 27.3 de la Constitución, que dice:

Los poderes públicos garantizan el derecho que asiste a los padres para que sus hijos reciban la formación religiosa y moral que esté de acuerdo con sus propias convicciones.

Sin entrar en valoraciones sobre tal o cual cuestión moral concreta, veamos los aspectos legales. Estas personas omiten interesadamente otros artículos que ponen límites a ese derecho, que no es absoluto. Así el artículo 27.2 dice:

La educación tendrá por objeto el pleno desarrollo de la personalidad humana en el respeto a los principios democráticos de convivencia y a los derechos y libertades fundamentales.
Es obvio, por tanto, que el derecho de los padres no puede ir en contra de esos principios. Pero hay más, el artículo 39.4 dice:

Los niños gozarán de la protección prevista en los acuerdos internacionales que velan por sus derechos.
Y el artículo 10.2:

Las normas relativas a los derechos fundamentales y a las libertades que la Constitución reconoce se interpretarán de conformidad con la Declaración Universal de los Derechos Humanos y los tratados y acuerdos internacionales sobre las mismas materias ratificados por España.

Pues bien, el artículo 26.2 de la Declaración Universal de los Derechos Humanos dice:

La educación tendrá por objeto el pleno desarrollo de la personalidad humana y el fortalecimiento del respeto a los derechos humanos y a las libertades fundamentales; favorecerá la comprensión, la tolerancia y la amistad entre todas las naciones y todos los grupos étnicos o religiosos, y promoverá el desarrollo de las actividades de las Naciones Unidas para el mantenimiento de la paz.
Y el principio VII de la Declaración de los Derechos del Niño dice:

Se le dará una educación que favorezca su cultura general y le permita, en condiciones de igualdad de oportunidades, desarrollas sus aptitudes y su juicio individual, un sentido de responsabilidad moral y social, y llegar a ser un miembro útil de la sociedad.
Creo que queda claro, como decía al principio, que el derecho reconocido en el artículo 27.3 no es absoluto. En esta y en otras cuestiones el interés superior del niño prevalece sobre el derecho paterno y debe ser protegido por los poderes públicos. Por tanto, el llamado PIN parental es en realidad contrario a la Constitución. Los padres pueden y deben ser informados y consultados, pero su derecho a decidir es limitado y no puede ser nunca en contra de los principios constitucionales.

Dejemos ahora los aspectos jurídicos y veamos las posibles consecuencias de esta censura paterna. En los Estados Unidos tenemos algunos ejemplos prácticos y reales. En algunos estados han conseguido que el creacionismo se enseñe en los colegios, y no como actividad extraescolar sino en las clases de ciencias como si fuera una teoría científica válida. En otros han conseguido que los chicos necesiten autorización paterna para leer obras maestras de su literatura como "Matar un ruiseñor" y "Huckleberry Finn" por ser alegatos antirracistas.

¿Queremos eso para España?




domingo, 12 de xaneiro de 2020

Breve historia do nacionalismo galego

Bandera de Galicia Bandera InstitucionalHai unha certa idea moi estendida dentro e fóra de Galicia de que o nacionalismo galego é unha copia do catalán e vai ó remolque daquel, pero a realidade histórica é que ambos se desenrolaron máis ou menos parellos e influíndose mutuamente. A miúdo foi o nacionalismo catalán o que se inspiróu no galego e así, por exemplo, Prat de la Riba, autor de "La nacionalitat catalana", dixo que o seu pensamento fora moi influido por unhas conferencias que uns anos antes dera en Barcelona o galeguista Alfredo Brañas. O que segue e unha breve reseña histórica da evolución do nacionalismo galego.

Agás por algúns escritos de intelectuais ilustrados adiantados ó seu tempo como Sarmiento, o galeguismo coma corrente cultural e política xurde na década de 1840 da má da chamada xeración de 1846, na que salienta Antolín Faraldo. Esta xeración levou a cabo un traballo de investigación e sistematización das características diferenciais de Galicia e os seus problemas específicos que se plasmou nun ideario político, o provincialismo, de carácter rexeneracionista e autonomista. Este ideario chega ó seu cumio co pronunciamento de Solís en Lugo, no 1846. Incialmente foi, como tantos outros, liberal e contra o goberno de Narváez pero ó fracasar fóra de Galicia tomou o control de feito o galeguismo. Constitúese unha Junta Superior del Gobierno de Galicia da que son nomeados presidente e secretario os provincialistas Terrazo e Faraldo. A éste se lle encarga a redacción dunha proclama na que introduce o ideario provincialista coma un dos obxectivos do alzamento. A derrota de Cacheiras, os fusilamentos de Carral e a morte de Faraldo puxeron fin ó traballo desta primeira xeración de galeguistas.

Tomóu ó relevo nas décadas de 1850 e 1860 unha nova xeración de intelectuais na que destacan, entre outros, Manuel Murguía, Benito Vicetto, Eduardo Pondal ou Rosalía de Castro, que desenrolan un inxente traballo de fundamentación da especificidade histórica, cultural e económica de Galicia que se plasma nun novo ideario, o federalismo. A influencia de esta nova xeración no seu tempo quedou patente no banquete de Conxo. Aínda que se anuncióu coma unha simple xuntanza de confraternidade, o Goberno considerouno perigoso dabondo como para que o exército vixiase a carballeira prevendo un novo alzamento. E a pesares de que foi o que se anunciara, os convocantes foron detidos e xuzgados, chegando a pedirse para eles o desterro ás illas Malvinas.

Mais o federalismo non era exclusivo de Galicia, senon que se estendeu nesas décadas entre os liberais de toda España, sendo o seu principal teórico Pi y Margall. Despois da revolución de 1868 e o fracaso da monarquía de Amadeo I, proclamouse a república e a primeira lei que aproban as Cortes declara "España se constituye en una república federal". Elaborouse un proxecto de constitución que novamente proclama a república federal e enumera os estados que a ían formar, entre os que por suposto estaba Galicia. Os pronunciamentos militares de Pavía primeiro e Martínez Campos despois impiden que entre en vigor e restauran a monarquía centralista, a pesares do cal se redactan proxectos de constitución en varias rexións, entre eles o Proxecto de Constitución para o futuro Estado Galego redactado en 1883 e aprobado pola asamblea de Lugo en 1887.

Nas derradeiros anos do século XIX conviven no galeguismo dúas correntes: unha progresista liderada por Murguía e outra tradicionalista liderada por Alfredo Brañas. Este publicou en 1889 o seu libro "El regionalismo", no que reclama para Galicia un réxime de autogoberno e propón medidas políticas e administrativas concretas e sistemáticas. No 1891 fúndase a Asociación Regionalista Gallega, e no 1897 a Liga Gallega. Ambas de vida moi breve, pero foron o xerme do nacionalismo político propiamente dito que xurde a comezos do século XX. En 1892 a Gaceta de Santiago publica as cores da bandeira galega, que xa se viña usando extraoficialmente dende antes. En 1907 créase Solidaridad Gallega, agora xa con fins electorais, acadando certo éxito nas eleccións municipais de 1909. Foi tamén nestes anos cando Pascual Veiga compuxo a música do Himno, tomándose para a letra o poema "Os Pinos" de Pondal.

En 1916 créase unha das institucións máis importantes do nacionalismo galego, as Irmandades da Fala, que se definen ideolóxicamente na asamblea de 1918. No manifesto desta asamblea os asinantes decláranse "de hoxe para sempre nazonalistas galegos".  Reivindícase unha autonomía integral para Galicia como paso previo á constitución dunha federación ibérica, da que debía fomar parte tamén Portugal. No debate interno sobre se as Irmandades debían ter actividade política ou só cultural, impúxose a corrente culturalista encabezada por Vicente Risco.

Foi nos anos da ditadura de Primo de Rivera cando se empezan a fundar verdadeiros partidos políticos galeguistas, entre os que destaca a Organización Republicana Gallega Autónoma. A ORGA reclama dende a súa fundación unha autonomía total para Galicia, a constitución dunha república fedreral e representación para Galicia na recentemente creada Sociedade de Nacións. Foi a forza máis votada en Galicia nas primeiras eleccións da Segunda República acadando quince deputados.

Proclamada a Segunda República e antes de promulgarse a nova Constitución, redactouse un ateproxecto de estatuto de autonomía que atribuía a Galicia un amplísimo réxime de competencias como, por exemplo, a competencia exclusiva en materia fiscal e administración de xustiza. Xa aprobada a Constitución elaborouse, coa participación de todo-los concellos, un novo Estatuto axustado ó novo marco xurídico que foi aprobado en referéndum. Unha vez máis o golpe de estado militar e a guerra impediron que chegara a entrar en vigor.

Nas primeiras décadas da nova ditadura o galeguismo mantén a súa actividade no exilio, especialmente en Buenos Aires, onde Castelao publica "Sempre en Galiza", ata hoxe a principal obra de referencia do nacionalismo galego. No interior o galeguismo queda de novo relegado a unha actividade cultural, lóxicamente moi restrinxida nun Estado fortemente represor de calquera aspiración nacionalista. Esta actividade xira de xeito particular en torno á editorial Galaxia, creada en 1950. A actividade política non se retoma ata a fundación na clandestinidade do Partido Socialista Gallego e Unión do Pobo Galego, respectivamente en 1963 e 1964. As dúas formacións unifícanse despois da morte do ditador no Bloque Nacionalista Galego.

A entrada en vigor da nova Constitución e do Estatuto de Autonomía de Galicia dan por fin satisfacción, se non ó nacionalismo en sentido estricto, sí polo menos á meirande parte do pobo galego. E o resto xa non é historia, é futuro.

FONTES:

- Historia de Galicia. Bermejo, Pallarés, Pérez, Portela, Vázquez e Villares
- Historia contemporánea de Galicia. Xosé Ramón Barreiro Rivas
- Historia de Galicia. Anselmo López Carreira
- Sempre en Galiza. Alfonso Rodríguez Castelao
- El regionalismo. Alfredo Brañas
- Outra idea de Galicia. Miguel Anxo Murado


domingo, 8 de decembro de 2019

A organización territorial de España

Resultado de imagen de proxecto de constitución para o futuro estado galegoAndamos outra vez a voltas coa discusión da organización territorial de España, qué é unha nación e qué non o é, quén ten dereito a decidir sobre a independencia e quén non o ten, se hai que dialogar ou aplicar a forza. Eu non vou entrar polo de agora no debate de qué é unha nación nin cal debera ser a estrutura territorial de España. Por suposto teño as miñas ideas ó respecto, pero o problema é complexo e habería moito que dicir e debater. Xa haberá tempo, hoxe só quero saír ó paso dalgunhas ideas que  dende o meu punto de vista son claramente falsas e, lonxe de de contribuir a solucionar o problema, non fan máis que agravalo.

A primeira de estas ideas, moi estendida, é que os nacionalismos son un problema recente xurdido na cabeza dos Puigdemont, Mas, Torra ou Junqueras, que teñen ós cataláns "adoutrinados". Xa Orgega y Gasset sinalaba hai case un século o errados que estaban os que así pensaban. Só cambian os nomes. Sustitúase "Cambó" e "Sota" por "Junqueras" e "Puigdemont" e todo o escrito polo filósofo parecería escrito hoxe mesmo. Para él os nacionalismos vasco e catalán (ó galego só se refire de pasada) tiñan fonda raigame histórica, cultural e sociolóxica. Remito ó lector interesado ó seu libro "España invertebrada". Baste por agora ver que o problema non ven de dous días atrás. É antigo e importante dabondo para que un dos nosos máis ilustres pensadores se ocupara del.

Pero é que ademáis o problema non se limita ós nacionalismos vasco, catalán e galego.  Pensar así é descoñecer por completo a historia recente de España. Desbotando interpretacións interesadas da historia que se remontan á antigüidade, o problema dos nacionalismos xurde co nacemento dos chamados Estados-nación. A lo menos para min é evidente o absurdo de falar de nacionalismos antes de esistir o concepto moderno de nación, que nace a finais do século XVIII e principios do XIX coa revolución francesa e a independencia das Américas. Na España peninsular comeza a plantexarse máis ou menos abertamente á morte de Fernando VII. Un respaso á historia dos nacionalismos resulta moi interesante, pero aquí so vou recoller dous intres históricos que abondan para desbaratar a idea de que é un problema "inventado" e recente: as dúas repúblicas.

A Primeira República proclamóuse, como todos sabemos e nos ensinaron na escola, despóis da revolución de 1868 e o fracaso da monarquía de Amadeo I, no 1873. O que seica non nos ensinaron, ou non se lle deu a importancia debida, é que esta república era federal. A primeira lei aprobada polas Cortes constaba de un só artígo que dicía "España se constituye en una república federal". De segido pasaron a elaborar un proxecto de Constitución que volvía a proclamar a república federal e enumeraba os estados que a ían integrar. Non só Galicia, Cataluña e o Pais Vasco, tamén, por exemplo, as dúas Castelas, Alta e Baixa Andalucía, Cuba, Puerto Rico, Aragón, e outras que non lembro. O importante é salientar que non foi a ocurrencia de catro exaltados da "periferia", foi elaborada polas Cortes españolas, nas que había representantes de todas as provincias. Sinal inequívoco de que o federalismo estaba estendido entre os liberáis de toda a España do tempo, que recoñecían un problema territorial. Se España non chegóu a ser federal é porque o impediron manu militari os xenerais Pavía e Martínez Campos restaurando a monarquía centralista. Pero non significóu nin que se resolvera o problema nin que morrera o federalismo, como demostra que se elaboraran nos anos seguintes varios proxectos de constitución rexionais, incluíndo algúns que hoxe estamos lonxe de sospeitar como a Constitución Republicana Federal del Estado Riojano.

O outro fito histórico é a Segunda República, na que naceu o actual concepto das comunidades autónomas. De novo se recoñecía a esistencia do problema territorial pero, seica escarmentados pola experiencia da outra república, diseñouse este novo modelo que non era nin centralista nin federal aínda que o federalismo seguía moi vivo cando menos, ata onde eu sei, en Galicia e Cataluña. Que este novo modelo non daba satisfación a todos os pobos que integran España quedóu patente en 1934 cando Companys e o seu goberno proclamaron unilaterlamente (tampouco isto é novo) a República Catalana. Como todos sabemos, a Segunda República rematou coa guerra civil e o establecemento dunha dictadura fortemente centralizadora e represora de calquera veleidade rexionalista.

Pero o problema, por suposto, non quedou resolto e volveu a manifestarse tan cedo como volveu a democracia. De feito antes, pero é outra historia. A Constitución de 1978 retomou o modelo autonomista, aprobado maioritariamente polos españois. Pero compre notar que tampouco se lles deu opción de escoller nin a forma do Estado nin o modelo territorial. O referéndum constitucional tivo moito de escolla entre o réxime anterior e a democracia. Posiblemente foi unha decisión prudente, e foinos ben durante case corenta anos. Pero o problema aínda non estaba verdadeiramente resolto, como demostra que outra vez esteamos a voltas con él.

Así que, ó meu xeito de ver, erran de medio a medio os que pensan que o problema actual é recente e creado por uns poucos aproveitando a crise. As crises sempre fomentan os nacionalismos e hai moitos reproches que lles facer os líderes independentistas, pero o problema é real e ven de lonxe. E non imos por bó camiño para solucinalo se comezamos por negalo. Nin tampouco se pechamos oídos ás razóns do outro e nos refuxiamos cada un na trincheira do seu propio nacionalismo, sexa catalán ou español. Ou mellor dito castelán porque para mín é outro erro evidente opoñer nacionalismo catalán e español. Un nacionalismo español, que non é malo, ten que abranguer a toda España e pasa por crear un país no que todo-los españois esteamos cómodos, sen que a ningún se teña que impoñer a españolidade á forza.

sábado, 12 de maio de 2018

Eucaliptos e carballos

Onte acudín a unha conferencia sobre eucaliptais, fragas e biodiversidade ó cargo do doutor en bioloxía Santiago Bas. Él e o doutor J. Guitián fixeron un estudo comparativo da biodiversidade de plantas e aves en catro eucaliptais e catro carballeiras, ó longo das catro estacións do ano. A conferencia, ademáis de amena, foi moi instructiva e aprendín unha chea de cousas que non sabía. Aquí vos deixo algunhas delas que recollín no meu caderno de notas.

O número de especies de aves observadas nos eucaliptais na estación de maior abundancia, e só a metade das especies nas carballeiras no seu intre máis baixo. O número máximo de exemplares nos eucaliptais é só a cuarta parte que o mínimo nas carballeiras.

Non tomei nota dos datos, pero tamén hai unha diferencia moi significativa no número de especies vexetais, así como na cobertura forestal, especialmente por riba dos tres metros que é precisamente onde se atopan moitas especies de paxaros.

Varios estudos científicos confirman que os cauces de auga perden obxectivamente caudal ó atravesar os eucaliptais, o que confirma a crenza popular.

Os eucaliptos producen ácido prúsico (ácido cianhídrico), moi tóxico. Esa toxicidade é a razón pola que non hai especies que se alimenten dél, salvo o koala. Este ácido que se desprende dos eucaliptos, xunto coa diferente descomposición das súas folla con respecto ás autótoctonas, causa un empobrecemento e perda de fertilidade do chan baixo eles.

Un piñeiro tarda máis do dobre en crecer en Finlandia que en Galicia. A pesares diso, a explotación dos piñeiros é moi rendibe e unha das grandes fontes de riqueza en Finlandia, pero non aquí. Ó parecer, en Francia hais sistemas de financiación para que os madereiros comecen a obter beneficio sin ter que esperar a que as árbores cheguen á súa madurez, que aquí non existen. Na actualidade estamos a importar madeira de calidade destes países, que pagamos a prezos seis ou sete veces maiores que os da madeira de baixa calidade que producimos nós.

Os carballos e outras árbores do xénero quercus son moito máis resistentes ó lume que os eucaliptos e piñeiros. De feito, é moi difícil que un incendio destrúa unha carballeira. Pola contra, o eucalipto se rexenera máis doadamente nos terreos queimados.

Eses son algúns dos datos que recollín no meu caderno durante a conferencia, entre outros sobre aspectos legais e propostas de regulación e ordenación forestal que xurdiron na rolda de preguntas e que omito. Penso que con isto abonda, e remato cunha pregunta que nunca me plantexara e que tamén xurdiu na conferencia. Supoñamos que mañá as empresas que explotan os eucaliptais se trasladan a outro sitio onde sexa máis barato, e todos sabemos que esas cousas ocorren. ¿Qué carallo imos facer entón con todos eses eucaliptos?

luns, 23 de outubro de 2017

Por qué non apoio ós independentistas cataláns

Penso que Cataluña, os cataláns, teñen dereito a decidir o seu propio futuro, como Galicia, como Euzkadi, como calquera outro pobo de España ou de calquera parte do mundo. Porque son pobos, e tanto me ten que os chamen así ou que os chamen paises ou nacións. As verbas non cambian a realidade. Agora ben, o que non apoio é o que veñen facendo dende hai un tempo os independentistas cataláns, e non por que non teñan dereito a votar e decidir, senon por outra razón.

Poden decir o que queiran, pero o feito é que perderon as eleccións que eles plantexaron como plebiscitarias (porque así o quixeron). Acadaron a maioría de escanos pero non de votos. Aínda así, decidiron seguir adiante porque, según o Presidente Puigdemont, que o resto de partidos non estiveran a favor non significaba que se opuxeran "expresamente". Coa súa maioría de escanos aprobaron, ninguneando á oposición e ignorando os procedementos do propio Parlamento, a lei do referendum e a lei de transtitoriedade. Só eles votaron a favor.

Convocóuse o referendum e moita xente foi votar, pero non houbo ningún órgano de control. Houbo xente que votou varias veces e outra que non puido votar. Nin os observadores invitados por eles mesmos pensan que a votación tivera validez. Din agora que o pobo catalán votou maioritariamente pola independencia pero non é verdade. En realidade non sabemos canta xente votóu, dos que non votaron non sabemos cántos non puideron e cántos non votaron por que estaban en contra do propio referendum, nin cantos decidiron absterse sen máis. E dos que votaron non sabemos realmente cántos votaron pola independencia e cantos en contra. Nin tampouco cántos votaron pola independencia porque non se lles dou, nin por unha parte nin pola outra, opción de votar por outras posibilidades, que as hai.

E aínda así os independentistas considerano "un mandato". Pero non hai tal, aínda seguimos sen saber cál é realmente a vontade dos cataláns. Non lles importa. Poden acusar canto queiran a outras forzas de obrigar ós cataláns a seren españois á forza, pero eles son iguais. Eles teñen a verdade, saben o que ten que facer Cataluña e están dispostos a levalo a cabo, o queiran os cataláns ou non.

E por iso non podo apoiar o que están facendo. Máis alá das ideas que eu mesmo teña non me opoño por que eu non sexa independentista (que non o son), se crera que esa é a vontade dos cataláns como pobo, eu o respectaría. Pero non o é. Ou non sabemos se o é, e eu non creo que o sexa.

Todo iso non quere dicir que o Goberno e o PP non teñan a súa responsabilidade, a teñen e moita, pero os independentistas non son mellores. Din que son demócratas, pero non o son. Son outros salvapatrias máis. E eu estou cos patriotas, pero xamáis cos salvapatrias. 

xoves, 19 de outubro de 2017

O medo as verbas

Hai algo máis de seis anos empecei a escribir unha bitácora á que puxen por nome "Balas perdidas" na que ó longo de tres anos fun deixando constancia dalgunhas das miñas inquedanzas, entre elas as políticas. Dentro daquela bitácora, en xuño do 2011, escribín un texto titulado "Reflexiones sobre la democracia" do que vou copiar dous parágrafos.

"Tenemos un sistema bicameral, en el que el Congreso es la cámara de representación popular y el Senado la de representación territorial. Este planteamiento me parece correcto, no estoy de acuerdo con quienes proponen la supresión del Senado porque lo consideran inútil. Las diferentes regiones no tienen siempre las mismas características y problemas ni, consecuentemente, los mismos intereses. Si suprimimos el Senado, los intereses de las regiones más pobladas se verían favorecidos en perjuicio de las menos pobladas, dado que tendrían más peso en la única cámara. Para evitar eso existe el Senado, lo que debemos hacer es dotarlo de verdadera utilidad. Concretamente modificando el artículo 90.2, que es el que hace que, en la práctica, el Congreso pueda legislar por sí solo".
"En cuanto al Senado, hay que admitir que la organización territorial ya no se configura, si es que alguna vez fue así, en torno a la provincia, sino en torno a la comunidad autónoma. Por eso [...] la circunscripción debería ser la comunidad autónoma. Dado que es una cámara de representación territorial, el número de senadores por comunidad debería ser idéntico para todas ellas, con independencia de su población".

Este texto compartino en foros de debate en redes sociais, e tamén teño expresado as mesmas ideas en conversas persoais con amigos e compañeiros. ¿Por qué o copio hoxe aquí? Porque me ocorre algo moi curioso que quero comentar. Cando compartín o texto e cando digo o mesmo en conversas persoais uns están de acordo, outros só en parte e outros en nada, pero a conversa adoita ser razoada e razoable. Ninguén leva as más á cabeza nin pensa (ou polo menos non o dí) que eu sexa independentista, que quera esnaquizar España ou que o que digo sexa un disparate. E isto ocorre, ademáis de por falar con xente máis ou menos sensata e educada, por unha razón: que non menciono a verba "federal". E o fago de intento, por que sei por experiencia que se comenzo por decir que son partidario do federalismo as máis das veces a conversa acaba e se converte en dous monólogos. No mellor dos casos pensan que son un tolo, un romántico idealista ou un iluso. Iso os que non me consideran antiespañol e sospeitoso de separatismo.

Nembargantes, o que ocorre máis a miúdo é que me digan que España xa é un Estado federal agás polo nome, no que eu penso que se equivocan. Ata lle teño escoitado a lapidaria sentencia a suspostos expertos en dereito político nos debates da tele. Din que as comunidades autónomas teñen máis competencias que os lander alemáns, o que pode que sexa certo pero non ten que ver porque "descentralizado" non é "federal".  Pero nunca podo expoñerlles as razóns polas que penso que se equivocan porque unha vez pronunciada a verba "federal" xa non dou rematado unha soa frase máis, é como se fose un "ábrete, sésamo" que no canto de abrir covas pechase mentes.

Eu non sei se o federalismo é a solución ó problema dos nacionalismos e a integración territorial de España. Castelao, Pi y Margall e outros homes tan ilustres como ilustrados crían que sí, seica erraban e seica eu tamén. Tan só vou rematar plantexando unha pregunta que me ronda a cabeza: se España xa é un Estado federal agás polo nome ¿a qué ven tanta resistencia a darlle ese nome e poñelo na Constitución?

Para esta pregunta cada quen terá a súa resposta. A miña da título a este texto.

martes, 6 de xuño de 2017

Seis trillóns de cabichas

Esta mañá lin unha nova curiosa no xornal "La Voz de Galicia". Dicía o artigo que no mundo se fuman cada ano seis trillóns de cigarrillos e catro trillóns e medio de cabichas acaban tiradas no chan, o que constitúe a primeira fonte de basura. A nova é un bó exemplo do noso pouco criterio cando se trata de cifras, e me temo que tamén do pouco rigor do periodista ó contrastar a nova.

Abonda pensalo un pouquiño pra velo. No mundo somos seis ou sete mil millóns de persoas, digamos seis para que os números sexan redondos. Se de verdade fumásemos seis trillóns de cigarrillos resultaría que cada habitante do planeta, ata os bebés, fumaríamos mil millóns de cigarrillos ó ano, ou sexa uns trinta por segundo. Non sei vos, pero a min en tres centésimas de segundo non me da tempo nin de sacar o pitillo do paquete.

Sospeito que se trata dun erro de traducción do inglés, é sabido que nos Estados Unidos e outros paises de fala inglesa chaman billón a mil millóns, e trillón o que nós chamamos billón. Serían pois seis billóns de cigarrillos e catro e medio de cabichas tiradas ó chan. Mil pitillos por persona e ano en promedio é moito máis crible. Pero polo que se ve o periodista non pensóu en facer tan sinxelo cálculo que lle advertiría do seu erro, e sospeito que a meirande parte dos lectores tampouco. 

É unha mostra anecdótica pero evidente de falla de cultura matemática. Hai xente que semella pensar que todas as estadísticas están manipuladas (algunhas sí que o están) e outros acetan se máis calquera dato que lles dea en forma de número. As matemáticas non minten, teño escoitado dicir a xente que non entende as matemáticas nin por asomo. Poucos se molestan en analizar un pouquiño o dato, nin sequera cando abonda, como neste caso, cunha sinxela operación aritmética. Tampouco é que sexa culpa súa, ou non de todo, e que ninguén lles ensinóu a facelo. O problema está no sistema educativo, pero iso é tema para outra entrada.

Por certo, catro billóns e medio de cabichas tiradas ó chan cada ano segue sendo unha morea de cabichas, que demostran que ademáis de ter pouca cultura matemática somos uns porcos. Pero tamén é tema para outro día.

domingo, 21 de maio de 2017

As bicicletas e a educación

Cando era rapaz andaba moito en bicicleta, coma todo-los rapaces da miña xeración. Era tanto unha diversión coma un medio de transporte que usabamos pra ir a todas partes. Non había tanto tráfico como agora e tampouco había carrís-bici, así que circulabamos polas estradas. Se escoitábamos o ruido dun motor detrás de nós poñíamonos de un en un o mais arrimados que podíamos o borde dereito, e cando era seguro o adiantamento facíamoslle un sinal ó condutor. Claro que tamén facíamos parvadas, todo-los rapaces as fan e non ía ser eu a excepción. Os bos dous batacazos que me din dan fe de que non o fun. Pero unha cousa son as tolerías de rapaces e outra a mala educación. Mala educación vial e mala educación a secas.

Hai pouco tempo ía de pasaxeiro nun coche cando nos atopamos diante un pelotón de ciclistas. E digo pelotón porque non ían en fila de a un nin de a dous, como dí o código, ían en pelotón ocupando a totalidade do carril. Fumos un bó rato detrás deles sin que se molestaran o máis mínimo en facilitarnos o paso, ata chegar a un tramo onde era seguro adiantar. A persoa que conducía puxo o intermitente e comenzóu a manobra deixando espacio más que dabondo, cando un dos ciclistas xiróu de súpeto á esquerda para falar con outro, invandindo o carril esquerdo sen mirar nin facer sinal ningún, e meténdose diante mesmo do coche. Por sorte non pasou nada, pero podería ter pasado. 

Aquí é onde algúns me dirán que non todo-los ciclistas se comportan así, que isto é unha excepción. E certamente non todo-los ciclistas son así, pero está lonxe de ser unha excepción. Non é a primeira vez que me ocorre un incedente semellante e seguro que a vós tampouco. Todos temos visto ciclistas saltarse semáforos e sinais, circular polo mesmo centro da estrada ou por onde o teñen prohibido. Logo, cando hai un accidente, sempre hai toda unha campaña pra lembrarlles ós condutores que deben respetar ós ciclistas e deixarlles un metro e medio de distancia. Raras veces, por non dicir case nunca, se lles lembra ós ciclistas que eles tamén teñen obrigas e deben respetar ós demáis.

Semella que montar nunha bici outorga automáticamente ó ciclista patente de corso pra facer o que lle pete. Non só non respetan ós condutores de vehículos a motor, tampouco ós peóns, e circulan coas bicicletas polas beirarrúas, polas rúas peonís e por onde lles ven en gaña sen deixarlles os peóns ese metro e medio que queren para sí. Lembrarlles que iso está prohibido é perder o tempo, sempre atopan unha excusa que non só lles exime de cumprir á lei, senón que lles da dereito a insultarte. E non o digo por dicir. Non hai moito, nunha conversa nunha rede social, lembréille educadamente a un ciclista que defendía o seu suposto dereito a circular por rúas peonís que a lei o prohibe. Chamoume iñorante e soberbio e recomendóume ler máis. Seica tampouco foi moi educado pola miña banda contestarlle que o que tiña que ler máis era él, e concretamente o código de circulación.

venres, 10 de marzo de 2017

Nin sequera eran feministas

Hai poucos días lin no xornal dixital eldiario.es un artigo da columnista que publica baixo o seudónimo Barbijaputa titulado La lente rota del El Objetivo. Recoméndovos que o leades antes de seguir co meu, porque vou sacar algunhas frases do seu contexto. O motivo dese artigo era unha emisión do programa de televisión El Objetivo no que se falóu de feminismo, e que a autora do artigo critica con bastante dureza porque, cito, "la mitad de las invitadas a debatir no eran siquiera feministas". Alega a autora na súa crítica que ela espera que "quienes asisten a un programa sobre un tema sean expertas en dicho tema". Di tamén que ela entende que o programa "pretendía ser pedagógico" e que "pierde la esperanza de ver un programa sobre feminismo con el que aprender e inspirarse".

Vou pasar por alto o que é pegagoxía e se o programa en cuestión era ou pretendía ser pedagóxico. Eu non o vín, así que non o sei, pero polo propio artigo entendo que era un debate; de feito, a mesma autora fala de "las invitadas a debatir". E digo eu que para que haxa debate ten que haber diferentes opinións, do contrario será una serie de discursos, ou de entrevistas, unha clase maxistral, calquera cousa menos un debate. E dado que se di que a metade das invitadas non eras feministas, debo supoñer que a outra metade sí o eran. Xusto o que se espera nun debate. Pero non é por isto polo que eu mesmo estou a escribir, é por outra cousa.

Xa hai tempo que veño oíndo e lendo que os homes non podemos falar de feminismo porque non sabemos o que é ser discriminados polo noso sexo, así que só podemos escoitar, calar e aprender. Idesme perdoar, ou non, amigas feministas, pero iso paréceme unha parvada. E tanto como dicir que só os estranxeiros poden falar de xenofobia, so as minorías étnicas de racismo, só os vellos da vellez, só os deportistas de deporte. E como dicir, por exemplo, que non podo criticar as políticas do Estado de Israel porque non son xudeu. Unha parvada. Que non sexa muller non significa que non sexa conscente da discriminación ou que non poda entendelo, é cuestión de ter un pouquiño de cerebro, un pouquiño de cultura e un pouquiño de empatía. Por suposto que o meu punto de vista estará sesgado por ser home, igual que o punto de vista dunha muller está sesgado por ser muller. Todos os puntos de vista están sesgados, por iso se chaman así.

Todo isto, digo, xa o teño escoitado e lido moitas veces e se non fose máis tampouco desta me tería sentado a escribir. Pero é que desta vez a señora Barbijaputa vai un paso máis alá. Xa non é que non podamos falar os homes, é que tampouco poden falar as mulleres que non son feministas. Escribe desta ou daquela muller que di que é feminista pero non o é, por tanto tamén ela debe calar, escoitar e aprender. Seica tampouco ela sabe o que é ser muller. Pero vai aínda máis lonxe: cando dí que deben calar o dí en serio, non tiñan que ser invitadas ó programa, hainas que silenciar, privalas do acceso ós medios de comunicación, non sexa que fagan que alguén dubide da verdade verdadeira. Nas súas palabras: "no se puede dar cabida a personas que lo ataquen".

Para apoiar esta opinión alega, e volvo citar, que "el feminismo no es una opinión que puede ser correcta o incorrecta, no es opinable, es un hecho: una lucha por el empoderamiento de las mujeres".  E ata ahí estóu de acordo, o feminismo, ou máis ben a igualdade, non é unha opinión, é unha meta. Pero os medios para acadala sí que son opinables. Do mesmo xeito que a xustiza social tampouco é opinable, pero cando non se poden cuestionar nin debater os medios, o resultado adoita ser a ditadura estalinista, ou maoísta, ou calquera outro -ista que queirades poñer. A serñora Barbijaputa semella non distinguir entre atacar o feminismo e cuestionar as propostas dun sector do feminismo, o seu sector. Toda persoa que non estea de acordo coas súas propostas, co seu punto de vista, sexa home ou muller, é que non é feminista e haina se facer calar.

Ten razón a autora do artigo cando dí que o progreso da muller se debe ó feminismo. Tamén houbo que loitar pola liberdade de expresión que ó parecer valora tan pouco. De onde non vai vir nunca o progreso, nin das mulleres nin de ninguén, é da intransixencia, do pensamento único nin da censura. O progreso veu e virá sempre, ou iso penso eu, do pensamento libre, do diálogo e da razón. 

Así que, señora Barbijaputa, dubido moito que vaia vostede a ler esta miña humilde bitácora, pero si por algúnha rara casualidade fora así, teño unha mensaxe para vostede. Eu son un home libre e falo do que me peta, con razón ou sen ela. Eu penso que teño a razón, e se vostede pensa que estóu errado pode facer dúas cousas: convencerme ou calar vostede.

domingo, 5 de marzo de 2017

Merda de can

O outro día, camiñando pola beirarrúa, piséi unha merda de can. A poucos metros había un campiño e fun alí a tentar limpar un pouco o zapato na herba; no campiño había, ven visible, un cartel prohibindo levar alí os cans e, ó mesmo pé do cartel, merda de can. Hai un tempo piséi unha merda nada máis sair da casa porque alguén deixóu ó animal cagar diante mesmo do portal. Mesmo teño visto merda de can nos parques de xogos infantís.

A mín paréceme moi ben que a xente queira ter un can, aínda que un piso na cidade non semella o mellor sitio para un animal, pero eu non debera ter que andar sempre mirando ó chan só por que ti queiras ter unha mascota. Lévao ós lugares autorizados, ou ben ó campo, ou senon recolle os excrementos, ponlle un cueiro ou déixao cagar no salón da túa casa, pero non deixes a merda diante da miña porta. Eu non vou deixar merda diante da túa.

Amólame ademáis que logo che saian conque os cans teñen dereitos, e se te queixas é que non te gustan os animais, e se non te gustan os animais tampuco queres ás persoas e blablablablabla. Pois non señores, eu non teño nada contra os cans, gústanme, os que non me gustan son os donos. Ou polo menos eses donos que pensan que o seu can ten máis dereitos que as persoas, e que poden encher de merda a cidade e os demáis temos que aturalo porque seica importamos menos que o animal.

Así que, amigos donos de cans, se me queixo de ter que andar a mirar ó chan para non pisa-la merda das vosas mascotas podedes pensar que son unha mala persoa. Eu penso que quen deixa ó can cagar onde xogan os nenos é un fillo de puta.

mércores, 22 de febreiro de 2017

O cristal con que miramos

As veces un cadro ou unha fotografía pódenos facer reflexionar sobre algunha cousa, ou acabar dando forma a unha desas vagas ideas que todos temos na cabeza e nunca pasan de ser coma unha especie de ruido de fondo da nosa mente. En realidade pode pasar con calquera imaxe, mesmo cunha foto que ti mesmo fixeche sen a menor intención de que expresara nada. Iso foi o que me pasóu onte. Merquéi unha cámara nova e dende hai uns días ando a focellar nela para explora-las súas posiblidades e aprender a manexala, e de súpeto ocorréuseme unha parvada: puxen un libro enriba da mesa, montéi a cámara nun trípode e fixen unha foto coa cámara vella. Non sei nin por qué o fixen, só andaba a xogar. Pero logo a foto déume qué pensar.

Na foto non se pode ver o libro, nin sequera a súa imaxe, o que vemos non é máis que a imaxe da imaxe do libro. En realidade, para saber o que estades vendo tédevos que fiar de mín. O libro podería non estar sequera alí, podería ter tomado a foto antes e non haber nada máis que a parede diante da cámara, ou ser só a sobrecuberta do libro, sen nada dentro. E aínda que non me teñades por un mentirán o certo é que seguiredes sen ve-la realidade: a cor da cuberta do libro é máis oscura, o que semellan dúas liñas negras é en realidade un só trazo, e o que semella unha mancha branca non é máis que un reflexo.

Pois ben, xa sei que non é un pensamento orixinal, pero ocorréuseme que así é como vemos unha boa parte do mundo. Vivimos na época da imaxe e a inmediatez, e chégannos a cotío moreas de información a través da televisión, o móbil ou a internet. Non sempre filtramos toda esa información, nin diferenciamos a relevante, nin nos preguntamos quén a publicóu e porqué, nin a contrastamos con outras fontes. As redes sociais son estupendas, pero tamén están cheas de bulos que difundimos sen ningunha comprobación só porque concordan coas nosas ideas ou prexuicios. Hai xente que pensa que certas canles da televisión e certos medios impresos din "verdades coma puños", cando son verdadeiros amplificadores de propaganda. Por certo que espero e intento non ser un deles, pero por si acaso tentaréi non cuspir alto de máis.

Non é nada novo, a propaganda e os rumores existen dende sempre; a diferenza é que hoxe os rumores son dixitais e se espallan polo mundo enteiro a velocidade vertixinosa. E tamén, penso eu, que antes, se alguén nos contaba algo que semellaba estrano ou esaxerado non lle dábamos moito creto, sobre todo se sabiamos que a persoa que o contaba tiña sona de "cotilla". E a miúdo, ainda que non fora máis que por non parecer cotillas nós mesmos, pensabamolo dúas veces antes de repetirllo a outro. Agora o que nos chega polas redes, ou pola nosa canle favorita da tele ou o noso periódico habitual, acetámolo sen máis. E só nos compre un "clic" para repetilo non a unha, senon a moitas persoas á vez. ¿Quén que teña conta nunha rede social non viu, por exemplo, aquilo de que este mes ten cinco venres, cinco sábados e tal e cal, e que iso só ocorre cada non sei cántos centos de anos? Falso. ¿Ou aquilo dos catrocentos mil políticos? Falso. E tantas cousas máis, unhas inocentes e outras non tanto.

Tampouco é que toda a información que nos chega sexa falsa ou estea manipulada. Pero igual que a foto da imaxe do libro, o que nos chega ven escollido e filtrado polas ideas, a maneira de pensar e as as áreas de interese de quen publica a información, aínda que fora coa mellor das intencións. Igual que eu escrebo nesta bitácora das cousas que quero e me interesan, e dende o meu persoal punto de vista e a miña experiencia vital. E logo hai outra escolma, a do que deciden compartir ou non as persoas que coñecemos.

Seica debiamos ser un pouquiño máis coidadosos co que espallamos e un chisco máis conscentes de que non sempre estamos a percibir a realidade, senón que a miúdo é a imaxe dunha imaxe da realidade.

En fin, ahí o deixo. Ata aquí a miña pequena reflexión que, como vedes, non é nin orixinal ni moi profunda. En realidade, só é unha excusa para compartir a foto con vós sen que parecera só a parvada que é. A mín gústame.

venres, 17 de febreiro de 2017

Homes de ferro en barcos de madeira

Hai un tempo contáronme unha curiosa anécdota de mariños que hoxe os vou contar a vos sin entrar en moitos detalles. Como pode que saibades, entre os distintos tipos de buques con que conta calquera mariña de guerra están os dragaminas. Pola función que cumpren, estes barcos constrúense en materiais non magnéticos; hoxe en día teño entendido que se fan de fibra, noutro tempo de madeira. A Armada Española tivo entre os seus barcos unha serie destes dragaminas con casco de madeira entregados nos anos cicuenta, entre eles o Turia, o Ulla, o Nalón e outros dos que non lembro os nomes.

Nos anos sesenta, uns periodistas pediron e obtiveron permiso para embarcar nestes buques durante unhas manobras, coa intención de escribir una reportaxe sobre os barcos e as súas tripulacións. Por desgraza para eles durante as manobras houbo mal tempo e pasaron a navegación mareados e a vomitar. Según me contaron, ó desembarcar un dos tripulantes díxolles por facerlles unha broma: "viñestes para escribir e non escribestes nada", ó que os periodistas respostaron "non te preocupes, que xa exribiremos". O día seguinte aparecéu a reportaxe na prensa co titular Homes de ferro en barcos de madeira.

Ata aquí a anécdota como ma contaron a mín. Non sei ata qué punto é exacta, aínda que non teño razón algunha para dubidar de quen ma contóu. Sentín curiosidade e púxenme busca-la reportaxe en Internet, ata atopar unha, supoño que a mesma, que se publicóu en 1965 na revista "Blanco y negro", suplemento dominical do diario ABC, que confirma a anécdota se ben non en todos os detalles. Por iso os omito.

O titular da reportaxe non era orixinal dos periodistas, senon que semella ter a súa orixe na Segunda Guerra Mundial, debido á dureza e perigosidade do traballo que facían os tripulantes destes barcos e as moitas baixas que sufrían polas minas que estoupaban. Despóis a frase aplicóuse tamén ós tripulantes de outros tipos de barcos de madeira, coma os de pesca.

En calquera caso, sexa ou non exacta, gustóume a anécdota. E aplíquese a quen se aplique, é unha bonita maneira de definir a estes mariños.

luns, 13 de febreiro de 2017

Bandeiras

En España, como xa sabedes, temos un problema coa bandeira nacional, coa que moita xente non se identifica. Este problema ten dúas causas ou variantes. En primeiro lugar está a xente de diferentes rexións que quere a independencia, non se sinte española e por tanto tampouco se sinte representada pola bandeira de España. A mín, que non comparto ese independentismo, isto me parece lóxico e coherente. Non teño nada que dicir ó respecto. Da bandeira, quero dicir, do independentismo sí pero agora non me apetece.

Logo está o outro motivo, a xente que renega da bandeira por que di que é a bandeira franquista ou a bandeira da monarquía. E isto, amigos meus, é un erro. A bandeira actual data de 1785 e foi escollida polo rei Carlos III, inicialmente só para os buques de guerra. O seu uso xeneralizóuse entre o pobo durante a guerra da independencia, foi recoñecida polas Cortes de Cádiz e adoptada oficialmente como bandeira nacional pola raíña Isabel II en 1843. Durante a Primeira República non se modificóu, seguramente porque entenderon que era un símbolo da nación, non do réxime político. Non se entendeu así durante a Segunda República que a identificóu, na miña opinión absurdamente, coa monarquía. Se introduxo así a cor morada, por certo por motivos equivocados.Agora ben, a bandeira non representaba á monarquía senon á nación. A cor tradicional dos borbóns é o branco, e a cor do estandarte do rei deposto era, paradóxicamente, o morado, como xa o fora o do seu pai e a súa avoa. O rei Juan Carlos I cambiouno polo azul, e o rei actual polo carmesí. Co trunfo do alzamento militar contra á república volveuse retomar a bandeira bicolor, pero iso de ningún xeito quere dicir que sexa a bandeira da ditadura ou a bandeira franquista. A bandeira é moi anterior, e non representaba á dictadura como non representaba nin representa á monarquía. É o símbolo da nación, como ocorre con toda bandeira de toda nación.

No fondo a mín tanto me ten que a bandeira teña dúas cores ou tres, ou que se cambie por unha verde ou de calquera outra cor. Os símbolos pódense cambiar e non pasa nada. Pero as cousas tamén hai que facelas con sentidiño e coido que o máis lóxico é manter a bandeira que, salvo o pequeno paréntese da segunda república, nos ven representando dende hai máis de dous séculos, e pola que nos identifica o mundo enteiro. No seu afán de romper co pasado, os republicáns de 1931 conseguiron que a metade dos españois non se identificara cun símbolo que tiña que representar a todos. Moitos dos republicáns de hoxe están a repetilo. A bandeira, insisto unha vez máis, é o símbolo da nación e non do réxime político de cada intre. E a bandeira de España é a bicolor porque así o establece a Constitución aprobada polas Cortes elexidas democráticamente e ratificada polos cidadáns. Noh hai máis.

Supoñamos, por outra banda, que a cambiamos. Supoñamos que se abole a monarquía e se proclama a terceira república, e voltamos á bandeira tricolor. ¿Qué acadaríamos con iso? Voltar ás andadas e que a metade dos españois non se identifique coa súa bandeira. Mellor será que nos poñamos de acordo dunha vez, e se para iso hai que cambiar a bandeira por unha de cadriños de todas as cores, porque os españois somos así, por mín vale. Se cadra o problema e ése, que os españois somos así. Non parece que sexamos quen a poñernos de acordo para elexir ni a cor das cortiñas, e un parviño coma mín a dicir que nos poñamos de acordo para elexir as cores da bandeira. E que as veces non penso.

luns, 6 de febreiro de 2017

Imaxes da barbarie

Hai xa uns cantos anos lin o libro "Ante el dolor de los demás", da escritora estadounidense Susan Sontag. O libro non me causóu gran impresión a primeira vez que o lín, pero por razóns que non veñen ó caso volvino ler uns anos despóis. Non é un libro dos que abraian ou dos que se aprendan grandes cousas, pero nel a autora fai algunhas reflexións que me parecen interesantes.

Trata das imaxes que reproducen o horror e a barbarie, o sufrimento dos outros. A autora céntrase especialmente na fotografía e particularmente na fotografía de guerra, pero non de xeito exclusivo, falando tamén do cine e da televisión e, por suposto, da pintura e outras artes.

A primeira reflexión da que falo é a comparación que fai a autora entre a fotografía e outras artes no que respecta á nosa consideración da súa autenticidade. Na pintura, por exemplo, non esperamos atopar unha reproducción exacta dun acontecemento con todos os detalles. Cando contemplamos o cadro de Goya "Los fusilamientos del tres de mayo", importa ben pouco se había ou non un home de camisa branca, ou cántos soldados había no pelotón. O teríamos por falso se descubríramos que non o pintóu Goya, pero que a escena represente ou non con exactitude o feito histórico non afecta ó noso concepto da súa autenticidade, que poñemos na autoría e non no contido.

Pero coa fotografía ocorre o contrario. Pensemos na famosa fotografía feita durante a guerra de Vietnam na que se ve a unha nena espida fuxindo dunha aldea ardendo. Non a teríamos por falsa se descobríramos que non a fixo Nic Ut, como moito pensariamos que houbo un erro na atribución ou que  lla roubóu a outro. Pero a fotografía en sí mesma seguiría a ser auténtica para nós, porque agora no noso concepto da autenticidade non está na autoría senon no contido, que esperamos que sexa fiel reflexo da realidade. A dicir verdade, eu nin sequera sabía quén fora o fotógrafo ata que empecéi a escribir isto e o busquéi. Outro exemplo é a tamén famosa foto de Robert Capa "Morte dun miliciano" da que sempre houbo dudas sobre a súa autenticidade, non porque non a fixera Capa, senon porque moitos sospeitan que foi escenificada e non feita nun combate real.

Outra reflexión da autora, se cadra máis interesante, refírese a nosa consideración da cualidade estética destas imaxes. A arte, por definición, ten una función ou cualidade estética aínda cando representa a dor e o sufrimento. A historia da arte está chea de reproduccións da barbarie de gran beleza plástica: esceas de batallas, execución, martirios... Cando representan feitos reais e non míticos aprecimos o que teñen de documento, como en "Los desastres de la guerra" de Goya, pero non por iso deixamos de apreciar tamén a cualidade estética da obra.

E outra vez ocorre algo moi distinto coa fotografía. Tamén a fotografía é unha arte e apreciamos a calidade plástica das fotos cando teñen una manifesta intención artística. Pero cando reflicten esceas de dor e barbarie non só non apreciamos a calidade estética senon que a rexeitamos. A barbarie non pode ser fermosa, e unha fotografía deste tipo parece menos auténtica se podemos apreciar algún valor estético nela. Parece menos real, escenificada, aínda que esa non fora a intención do fotógrafo. As sospeitas da autenticidade de "Morte dun miliciano" non carecen de fundamento, pero pode que ningúen o tivera investigado e nin sequera sospeitado se a foto no fora de innegable calidade artística. Non temos reparo en admitir que poda haber fermosura na interpretación que un artista fai da morte, pero na morte dun home real non.

sábado, 28 de xaneiro de 2017

Linguas que non serven



Dicía o outro día que na escola nos roubaron a historia, e case como de pasada dixen que tamén nos roubaron a lingua. Por suposto non se pode agochar unha lingua como se agochan os feitos históricos, e para roubarlle a súa lingua a un pobo non podes andar con sutilezas, hai que ir á brava. Sabemos que durante séculos a lingua da administración foi exlusivamente o castelán, sabemos que despóis da explosión literaria do rexurdimento e da guerra se deixaron de publicar libros e prensa en galego e non por vontade dos escritores, e aínda así hai quen dí que o galego nunca estivo prohibido. Ben, eles saberán por qué o din e seica é verdade que non houbo lei que o prohibise formalmente. Non o sei por que non o vivín nin teño interese en andar a raxtrexar leis que xa non rexen, pero o que me contan os que sí o viviron é outro conto. Cóntanme que nas escolas non se deixaba ós nenos falar na súa lingua, que eles chamaban dialecto e que era de pailáns e xente inculta, e se lles obrigaba a falar o fermoso e cultísimo castelán.

Cando era neno xa non se nos prohibía falar galego, porque os máis de nós xa non o falabamos. Conseguiron que unha boa parte da miña xeración non só perdese a fala dos seus ancestros, senon que se avergoñase dela. Eu tiña xa trece anos, se non lembro mal, cando con non poucos atrancos se empezóu a ensinar ó galego nas escolas, aínda que con menos horas de clase que o castelán, que era o verdadeiramente importante. Aínda así houbo unha morea de protestas dos pais e dos propios rapaces. Non de pais e rapaces do resto de España, iso vai por descontado, senon de pais e rapaces galegos que xa asumiran que o galego era de pailáns e que estudialo non servía para nada. Tal como o escribo lembro que mo dixo, por suposto en castelán, unha compañeira de entón.

Aquí é onde entramos no asunto que quixera discutir. Salvo a xente de fora que non sabe do que fala pero ten o atrevimento da iñorancia, xa non oio a ninguén dicir que o galego é un dialecto. Tamén hai tempo que non oio dicir a ninguén que o galego é de pailáns, sexa porque ninguén o pensa xa ou porque o pensan pero non son quen a dicilo. Pero aínda hoxe hai xente, xente galega, que di que o galego non serve para nada e que non ten senso aprendelo nin ensinarllo ós nenos. Din que xa temos o castelán, que falamos todo-los españois e centos de millóns de persoas en todo o mundo e que non hai que perder tempo en aprender unha lingua minoritaria coa que non se vai a ningures. En realidade a min tanto me ten a utilidade do galego, a fin de contas aprendemos a cotío cousas que non serven para nada. Eu, sen ir máis lonxe, sei xogar ó mus. Pero tamén me toca os collóns, con perdón da expresión, que se despreze o que para mín é valioso, así que imos ver que hai de verdade nisto.

Imos comezar por decatarnos de que hai dous xeitos de ve-lo asunto. O galego é unha lingua minoritaria dentro de España e do mundo, é certo e non se pode negar. Tamén podemos decatarnos de que é o mesmo tempo unha lingua maioritaria, a que falan a maioría dos galegos. Exactamente igual que o castelán é a lingua maioritaria en España e outros paises, pero é o mesmo tempo unha lingua minoritaria que fala menos do dez por cento da humanidade. E podemos pensar que o galego non serve para nada, pero eu prefiro pensar doutro xeito e decatarme de que o galego serve para todo: para falar, expresar ideas, sentimentos, transmitir e recibir coñecementos, escribir poemas ou cantar. Por suposto podemos facer todo iso en castelán, que tamén serve para todo, ou pensar que puidendo facelo todo en galego o castelán non nos serve para nada. Como dicía o poeta en fermosísimo castelán: "nada es verdad ni mentira, todo es según el color del cristal con que se mira".

Tamén é verdade, e tampouco o vou negar, que o castelán permíte que nos comuniquemos con moitísima máis xente que o galego e que xa é unha lingua común para toda a xente de España. Agora ben, se a cuestión é ter unha lingua común para falar con toda a xente posible sobran todos os idiomas menos un, só hai que decidir con cal quedamos. Unha escolla lóxica sería o chinés, que xa fala a quinta parte da humanidade: todo iso levamos gañado. Ou ben o inglés, con menos falantes pero máis internacional. Se isa é a cuestión deberamos escoller unha das dúas, deixarnos de parvadas e suprimir o ensino tanto do galego como do castelán xa que ningunha das dúas serve para nada.

Pero a verdade é que a cuestión non é isa e nunca o foi. Falar unha lingua non se reduce a unha cuestión de utilidade, nin o empeño de séculos en facernos avergoñar da nosa ven de ahí. Ven do mesmo que veu o roubo da nosa historia, do intento dos estados-nación de presentarse a sí mesmos como eternas unidades monolíticas. O estado-nación non pode admitir que as dúas verbas, estado e nación, teñen significado por separado e non son equivalentes. Non poden porque entón terían que ousar pensar que pode haber un estado-nacións, e cren que iso é abri-la porta ós independentismos. Como dixen sobre a historia, lóxica de parvos e pusilánimes que non entenden que xentes diferentes queiran vivir xuntas. Non se decatan de que cando un asoballa ó outro é cando o asoballado vai aproveitar a máis pequena oportunidade para marchar.

A lingua non é cuestión de utilidade, senón de cultura e identidade. Boto unha ollada ó meu redor e vexo que teño un bó feixe de cousas sen utilidade: cadros, fotos, discos, un puzle, trebellos de xadrez. Boto unha ollada á miña rutina e vexo que fago a cotío cousas sen utilidade: ler unha novela, escoitar música, ve-la tele, escribir este caderno virtual. Bótome unha ollada a mín mesmo e vexo que aprendín moitas cousas sen utilidade: cancións, xogos, chistes, acertixos. Podería pasar sen todas esas cousas, non ía morrer e tampouco me van levar a ningures. Pero sen todo iso non sería eu, sería outro. Un outro mellor ou peor, pero de seguro máis pobre e máis triste.

España podería pasar sen o castelán, e Polonia sen o polaco. E Galicia podería pasar sen o galego, e sen gaitas nin pandeiros, muiñeiras nin alalás, sen hórreos nin pazos, sen Rosalía e sen Pascual Veiga, e sen moitas cousas máis. Pero entón xa non sería Galicia, sería outro pobo máis pobre e máis triste. Nin tampuco España sería España sen os galegos e a súa cultura. Tamén ela sería máis pobre e máis triste. As nosas linguas, as dúas, fan de nos o que somos. Renunciar a unha delas é renunciar a unha parte de nós.

Así que, señores apoloxetas da utilidade, podedes insistir canto queirades que eu non vou renunciar a ningunha das miñas linguas nin avergoñarme de ningunha delas. E na pequena medida en que de mín dependa o galego seguirá nas escolas, porque estudalo ten tanta utilidade ou tan pouca como estudar historia, arte, música, literatura e tantas cousas que serven para que sexamos quen somos. Que servan ou non para algo máis tanto me ten. A mín espántame o voso pequeno mundo de utilidade, o voso pequeno, pobre e triste mundo de formigas. Non querería vivir nel, quero vivir neste mundo grande, rico e fermoso cheo de linguas minoritarias que non serven para nada servindo para todo. E que siga contribuíndo a esa riqueza este pequeno recuncho que chamamos Galicia.

luns, 23 de xaneiro de 2017

Roubáromme a historia


Como a moita xente da miña xeración e das anteriores, cando era neno me roubaron a historia. E custóume moito recuperala; tívena que ir buscar cachiño a cachiño, un anaco aquí e outro alá, e aínda hoxe non a recuperei enteira nin sei moi ben quenes foron os ladróns. Porque, veredes, se roubas cartos es un ladrón e se te collen vas o cárcere, se roubas moitos cartos es un financeiro e é máis difícil que te collan pero tamén podes ir ó cárcere. Pero a historia, a cultura en xeral, pódese roubar impunemente. Seica por que nós mesmos non lle damos valor; a fin de contas a cultura non se come, pódese vivir sen ela. De feito, hai xente que xamáis se chega a decatar de que lles roubaron, ou peor aínda, que se lles devolves o roubado pensan que os queres timar e darlles gato por lebre. "¿Qué historia inventada me vienes a contar?" din, porque adoitan falar castelán sen decatarse tampouco de que nos roubaron tamén a lingua, "La historia verdadera es la que me enseñaron en el colegio".

Pois é moi triste dicilo, pero foi precisamente na escola onde nos roubaron. Non os mestres, a meirande parte deles seguramente instrumentos inconscentes tan expoliados coma nós polos ladróns, pero algúen o fixo. Alguén decretou o que debía e o que non debía figurar nos libros nos que estudamos, e o que, non puidendo deixar de figurar porque se notaría moito o roubo, debía figurar o menos posible. Valgan de exemplo os libros nos que estudiei eu, e que aínda conservo.

Hai nestes libros unha boa extensión de páxinas adicadas á cultura ibera, cousa perfectamente lóxica e natural pola súa importancia. E dentro do relato dos iberos, un paragrafiño moi breve, case posto como de casualidade, nos informa de que no noroeste existía outra cultura, a castrexa, que era moi primitiva posto que non coñecían a escritura. E xa está, iso foi todo o que os ladróns me deixaron de séculos da miña historia.

Chegan os romanos e, polo visto, chegan todos de golpe e a todo-los rincóns, porque o libro non fai diferencia algunha entre a Tarraconense, a Bética ou a Gallaecia. Romanízase a península, toda ela por igual. Se fala, por suposto, dos herois da resistencia fronte a Roma porque reforzan o orgullo patrio, pero poñendo bo coidado de omitir as matanzas e abusos, non sexa que a civilizada Roma da que din que somos herdeiros pareza máis bárbara que os barabaros ós que asoballaron.

Logo chegan os suevos e, segundo o libro, chegan e se van. Entre as moitas páxinas xustamente adicadas ós visigodos, dúas liñas para os suevos: unha para dicir que chegan no 411, outra para dicir que son vencidos polos visigodos no 585. Nos 174 anos que median deberon estar a durmi-la sesta, porque o libro non di nada máis.

Pero a mellor parte, sen dúbida, ven coa edade media. Aquí os ladróns quedaron con todo. Da invasión musulmana só se salvou unha pequeniña franxa no Cantábrico, o reino de Asturias, aínda que as crónicas musulmanas falan do reino de Galiza e din de Pelayo que era natural de Oviedo, en Galicia.  Pero non hai que facer caso deses mouros, tal reino non existiu, o libro nin sequera o menciona e Galicia foi reopoboada moito despois polos reis de Asturias. Aquí hai que dicir que os ladróns andiveron pouco finos, porque coa miña mentalidade de neno me preguntaba "¿e que quedou deserta?". O libro non o aclara, como tampouco aclara a orixe de Portugal. Non se pode mencionar a división en dous condados dun reino que non existiu.

Podería seguir, pero xa vos faredes unha idea do que quero dicir cando afirmo que me roubaron a historia: que a historia que me ensinaron non era a miña. Cheguéi a mocidade "sabendo" a historia de outros. Podo entender a razón, é dodado. Todo-los estados-nación tentaron e tentan presentarse a sí mesmos ante o mundo e ante os seus cidadáns coma unha unidade canto más antiga mellor, case como unha predestinación; todo canto reforce esa idea ten que ser potenciado, todo canto a contradiga minimizado ou borrado. Non deixa de ter a súa lóxica pero é, ó meu xeito de ve-las cousas, unha lóxica de parvos e pusilánimes. ¡Canto máis grande é a unidade acadada pola vontade conscente de xentes e pobos ceibes!

A estas alturas do conto xa é un pouco tarde para esixir responsabilidades, que en realidade tampouco me importan. Ben sei que a lei non vai castigar ós que lle rouban á xente a cultura cando apenas pode protexer ós que lles rouban o sustento. Só desexaría dúas cousas: que non lles rouben a historia ós nenos de hoxe e, se pode ser, que que me devolvan a mín o que é meu porque penso acabar de recuperalo en calquera caso.